Premiados na II Edición dos Premios Dígocho Eu da TVG

Foi polo 1º trimestre cando soubemos da segunda convocatoria do concurso e decidimos enviar a nosa proposta. Tiñamos dúbidas, xa que sabiamos que a nosa ocorrencia era algo "atrevida" pero finalmente enviamos a idea: as distintas formas de dicir "faltar a clase" que existen en Galicia, que non son poucas... 


Unha anécdota. Era 17 de novembro e estabamos no Teatro Principal de Pontevedra recollendo o premio Ernestina Otero que recoñecía o proxecto de recreos a prol da igualdade de xénero. Xusto cando saiamos, recibimos un correo do concurso Dígocho eu! no que informaba de que eramos finalistas na categoría de Educación Primaria coa citada idea. Unha das finalistas entre 200 presentadas !!!! 

A visita de Esther Estévez e Carlos Amado. 

Por ser finalistas, o 16 de febreiro recibimos a visita do equipo do Dígocho eu! formado pola presentadora Esther Estévez e o director do programa, Carlos Amado. Non imos esquecer este día. Tampouco fai falta explicado, podes velo no seguinte vídeo... 


Sentímonos afortunados e xa premiados por esta visita. Temos que dicir que tanto Esther como Carlos, fan un equipo marabilloso, paráronse con tod@s e cada un d@s que se lle achegaban para saudar, para entregarlles un debuxo ou facerse unha foto. 

Neste día tamén gravamos con Esther a nosa idea facendo uso do entorno do colexio e do estudo de gravación. Ademais tivemos unha pequeniña charla no salón de actos onde os dous protagonistas contáronnos como naceu o programa.










Cal foi o resultado da gravación? Pois o seguinte vídeo que para sorpresa de todos, e en palabras de Carlos Amado resultou "viral" e aínda agora continúa traendo un grato recordo da gravación e da visita.


E despois de todo isto aínda quedaba a Gala de entrega de premios no mes de maio!!!!!! Gala que non daba chegado.

O 16 de maio, véspera das Letras Galegas, os cativos de 2º ciclo (3º e 4º de Educación Primaria) xunto ao profesorado, colleron rumbo a Compostela e tras pasar a mañá visitando a zona vella e paseando no tren turístico pola periferia, achegáronse ao Gaiás coa ilusión a tope para participar na entrega de premios. Alí achegouse o alumnado de secundaria finalista o ano pasado e unha representación do profesorado.

A Gala dos Premios Dígocho eu!

A Gala comezou cun photocall con Esther antes de entrar ao salón principal. Aquí podedes ver as fotos do mesmo...

Estas fotos fixéronse na antesala dunha entrega de premios chea de momentos de risa, de nervios, de música e moitas sorpresas. Entre elas o 3º premio acadado polo Sagrado Corazón de Praceres que o situaba como o único colexio da provincia de Pontevedra premiado entre todas as modalidades da categoría de Educación Primaria. Unha pasada vivido en directo. 

E máis aló dos premios, que sempre ilusionan, levamos unha chea de aprendizaxes que comezaron aló polo 1º trimestre e que seguen hoxe. A lingua amosounos que tamén ten o poder máxico de ilusionar a cativ@s e a non tan cativ@s ademais de enchernos dun feixe de aprendizaxes. 

Imaxes da entrega de premios.




















E por se fora pouco, ao chegar ao Colexio tivemos a mellor da sorpresas do día, un recibimento moi especial por parte das familias que vai quedar na memoria de todos para sempre. Agradecemos esta sorpresa e ilusión compartida por tod@s!!!!!!!


Se non puideches ver a Gala de premios podes facelo a continuación:


Se queres ver o vídeo finalista do colexio na I edición do concurso, tamén o podes ver a continuación.


Por último, podes ver este vídeo que fixeron os rapaces de infantil e a súa profesora o curso pasado.


DÍGOCHO EU!!!!!!!!!!!!! 😉

Comentarios