Volvemos a ser finalistas dos premios Dígocho eu! da TVG. Se xa non é doado ser finalista unha vez, imaxinade a ledicia que temos por facelo por segunda vez, tan só dous anos despois. O certo é que se nos comunicou que estamos entre os 6 colexios de Educación Primaria de toda Galicia que estarán na final. O máis importante é que isto supón un proceso de aprendizaxe da lingua galega e de moitas cousas máis, que comeza agora e durará ata maio.
Novamente recibiremos a visita de Esther Estévez e o equipo da TVG. Será a principios de febreiro. Aínda temos o bo sabor de boca que nos deixou a visita anterior xunto a Carlos Amado. Que ben o pasamos e que riquiños son! Xa estamos preparando todo para facer a gravación da idea pola cal estamos na final. Desta vez, os finalistas son o alumnado de 3º de Educación Primaria coa súa profesora Natalia Soage aos cales lles desexamos que gocen moito desta experiencia única e teñan moita sorte.
Seguiremos contando cousiñas sobre este concurso ao que lle collemos gusto!! Seguro que estades desexando saber a nosa idea, así que estade atentos porque sabemos que vos vai gustar moitooooooo!

Comentarios
Publicar un comentario